SEMANA DE ARQUEOLOXÍA

sábado, 11 de marzo de 2017

ESTATUA DE BUDA. Nº 24

Con este traballo de Iria Ferreiro e Laura Búa, podemos ver un exemplo de como facer unha entrada neste blog.

Collemos unha imaxe similar de internet (indicamos o enlace debaixo!) para non ter que fotografar a peza do noso museo que nos dá un pouco de traballo.


https://es.aliexpress.com/item/16-Tibet-Folk-Bronze-Gilt-Buddhism-Temple-Amitabha-Shakyamuni-Buddha-Statue/32713430476.html?spm=2114.43010308.4.31.4NUNM3

Primeiro coméntase a peza intentando explicar o seu significado, así o fan as vosas compañeiras:

Buda significa “estar desperto, despertarse da realidade”.

Este termo asóciano na súa relixión, o budismo, a aqueles que se despertaron plenamente e puideron darse conta da verdadeira natureza dos fenómenos. Dende o punto de vista da doutrina budista, Buda representa a un mestre relixioso que grazas as súas aprendizaxes moitos puideron alacanzar a estabilidade da vida. Este mestre vese representado normalmente en estatuas a diferentes tamaños. Nelas podemos observar uns rasgos típicos:

-Orellas con lóbulos moi estirados, esto débese á representación do abandono polos bens materiais. O primeiro Buda da historia proviña dunha familia rica e acomodada que lle permitía levar joyas de ouro ben pesadas. Este, con 29 anos, encontra o equilibrio do que falan no budismo, decide deixar ese estilo de vida. Cando quita todas as xoias o seu lóbulo queda estirado polo forte peso que facían aqueles materiales nas súas orellas. Finalmente representan na relixión á boa escoita, nobleza e sabiduría.

-O punto da súa fronte, pottu (na lingua Tamil) ou tilak (en hindi). En todos estes casos, o seu significado é literal, exactamente “punto”. Isto débese á representación dun “tercer ollo” ou tamén chamado “punto de luz”, que nos explica a importancia da mirada interna na relixión budista. Maioritariamente pénsase de que esta característica é propia dunha muller, pero relamente é unisex.

-Párpados entornados, que transmiten concentración espiritual e pureza.

-Sonrisa disimulada nun rostro serio, transmite a idea de equilibrio interior e tranquilidade.

 -Este Buda aparece na posición de Amoghsiddhi, a man aberta ensinando a palma é xesto de valentía e protección. existen outras catro posicións diferentes.


O BUDISMO

O budismo consiste na fe polo ser humano. Ó contrario do cristianismo, o islam ou o xudaísmo, non cree nun deus. Buda é un mestre relixioso, non se fai chamar deus nin mensaxeiro divino, non é outra cousa que un ser humano.

Buda significa “estar esperto, espertarse á realidade”. A principal práctica do budismo é a meditación. E a través dela o ser humano alcanza as súas metas, refuxiándose en si mesmo.

Budismo, o seu comezo

Ten a súa orixe fai 2500 de anos ó Norte da India, o seu impulsor foi un home chamado Siddharta Gautama. Que tras estar en meditación 35 anos alcanzou a iluminación. O resto da súa vida viaxou ensinando o camiño cara esta. A iluminación ten tres etapas:

-a sabiduría (vendo as cousas como realmente son)

-a compaixón (amor polo beneficio de todos os seres )

- a liberación de todas as enerxías da mente e o corpo (mente plenamente consciente)

Tipos de budismo.


Existen diferentes tipos de budismo pero os máis practicados son:

-Budismo theravada, é praticado por un 38 % dos budistas, é o máis tradicional, a súa filosofía di que so aqueles que amosan esforzo alcanzan a salvación.

-Budismo mahayana, este tipo de budismo considera que todos poden alcanzar a salvación. É o más practicado con un 56%.

- Budismo tántrico, preocúpase do presente.

- Budismo tibetano, é estándar e moi completo, a súa filosofía é avanzada e sutil.


Práctica do budismo estándar

Pode variar segundo o entorno cultural onde se encontra. Lévase a cabo mediante estas prácticas: éticas, meditacionais, sabiduría, e devocionais.

Templos budistas

Hai catro grandes lugares referentes de esta relixión:

Lumbini: o pobo no que naceu Siddhārtha Gautama (Buda).

Bodh Gaya: Lugar onde Buda se iluminou.

Sarnath: onde Buda deu o seu primeiro sermón.

Kushingar: onde Buda morreu.


 A Dharma Chakra  ou roda do Dharma considérase o símbolo do budismo:

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/Dharma_Wheel.svg/250px-Dharma_Wheel.svg.png


A estatua de Buda máis grande do mundo é coñecida como o Buda Tian Tan, está situada na illa de Lantau, Hong Kong. Inaugurouse o 28 de Decembro de 1993.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/7c/Buddha_lantau.jpg
http://www.catalyzingchange.org/wp-content/uploads/2014/01/625694_394412027280915_1503484821_n.jpg

Este é un bo traballo, non demasiado longo pero con explicacións sufivientes e claras, procurando non copiar literalmente a información de internet. E por suposto non pode faltar de onde se quitou esa información:
WEBGRAFÍA UTILIZADA:

No hay comentarios:

Publicar un comentario