SEMANA DE ARQUEOLOXÍA

domingo, 12 de febrero de 2017

COMO INTRODUCIR UNHA NOVA ENTRADA NO BLOG

Introducir unha nova entrada neste blog, é moi doado, o apartado técnico podes velo neste tutorial en pdf

No que se refire aos contidos debes ter en conta:

1- Selecciona unha peza do museo. Están numeradas, indica o seu número

2- Podes traballar en grupo ou individualmente

3- Busca información en internet ou en libros sobre esa peza e sobre o contexto histórico no que se fixo. Trátase de dar unha información completa para que se entenda a peza e o seu significado na sociedade na que se creou.

4- Na búsqueda de info en internet ten en conta que non todas as páxinas son fiables. Wikipedia ou páxinas de museos ou institucións: ministerio de cultura por exem., soen ser máis fiables. Se dubidas mira páxinas diferentes. Aquí tes un elnce con algunhas recomendacións: como buscar con eficiencia en internet

5- Nun traballo en equipo todas deben participar, non é xusto que unha persoa faga todo o traballo.

6- Estes traballos tenen o obxectivo de conseguir que aprendades a buscar información, a seleccionar a que é verdadeiramente importante e ten relación co traballo e a ser capaces de sintetizar esa info. Non vale copiar e pegar. Nin meter moitísima cantidade: o bo e breve, é dúas veces bo.

7- Usade o máis posible as vosas palabras, que se vexa que entendedes o que escribides, que é orixinal e voso, non copiado. Incluso podedes poñer opinións persoais.

8- Revisade os textos antes de publicar, que estén ben redactados, preferiblemente en galego e sen faltas de ortografía.

9- Podedes poñer fotos, non necesariamente da mesma peza que está exposta, que a tendes máis dificil de fotografar, señón outra parecida que haxa en internet. Indicar ao pé da foto o enlace de onde a collestes.

10- Podedes poñer  videos curtos (que teñan relación e non sexan moi longos, hai que velos antes, max. 5 minutos).

e 11-  ao final do artigo non esquecer poñer BIBLIOGRAFÍA (libros que consultastes) e WEBGRAFÍA (os enlaces ás páxinas web consultadas)


ADIANTE! IMOS ESTUDAR A HISTORIA DA HUMANIDADE A TRAVÉS DOS OBXECTOS QUE CONSERVAMOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario