SEMANA DE ARQUEOLOXÍA

viernes, 17 de marzo de 2017

O BACKGAMMON, Nº20

 -Orixe:

O Backgammon ou "As táboas reais" é un dos xogos de taboleiro máis antigos e máis estratéxicos. A súa orixe non é moi clara, moitos historiadores cren que xa existían xogos semellantes hai 5.000 anos. Crese que o antecesor do Backgammon era o Xogo Real de Ur, atopado nunhas escavacións na tumba dun rei sumerio en Ur (Mesopotamia), o actual Irak.

Aínda que un descubrimento sitúa a orixe do Backgammon ao redor de 100 ou 200 anos despois, o descubrimento dunha mesa de xogo nunhas escavacións na cidade de Shahr-i Sokhta, o actual Irán.

Outros cren que a súa orixe está nun xogo de mesa do Antigo Exipto co nome de Senet, do cal hai referencias cunhas pinturas atopadas nas paredes dunha tumba da dinastía III e ós xogos atopados en tumbas de faraóns coma a de Tutankamon.

Tamén en Roma xa existía un xogo constituído por un taboleiro e tres dados co nome de Ludus Duodecim Scriptorum, co significado de "xogo das doce liñas", nome que co paso do tempo cambiouse polo de Tabula (mesa). Este xogo estendeuse moi rápido por todas as clases sociais, ata dise que o emperador Claudio tiña unha gran obsesión con este xogo e que sempre levaba nas viaxes un para entreterse.

As lexións romanas expanderon este xogo, pero coa caída do Imperio foi perdendo a popularidade pouco a pouco.

En Asia era xogada antes do século IX unha versión chamada Nard, a cal diferenciaba á Tabula romana co uso de só dous dados. Na China estendeuse co nome de T´shu-Pu, e en Xapón, Sugoroku.

Coas Cruzadas en Europa, o xogo experimentou un renacemento cando os soldados aprenderon a xogar unha versión árabe co nome de "tawla". Na Idade Media difundiuse rapidamente e o xogo chegou ata lugares como; Italia (tavola reale), España (táboas reais), Grecia (tavli), Turquía (tavla), Francia (tric trac), Alemaña (Puff) e Gran Bretaña (backgammon).

    http://sillysoft.net/plugins/images/backgammon.jpg  



    http://www.bclubcr.com/uploads/9/9/3/7/993796/892779_orig.jpg



 http://www.siguemirastro.com/wp-content/uploads/2013//Alfonso-todas-tablas.jpg


 -Reglas do xogo:

As primeiras reglas deste xogo non foron publicadas tal e como as coñecemos hoxe en día ata o ano 1743 por Edmon Hoyle a pesar da súa popularidade.

Neste xogo de dous xogadores cada un ten quince fichas que move entre vintecatro triángulos seguindo o número que sae nos seus dous dados. O obxectivo do Backgammon é ser o primeiro en conseguir mover as súas quince fichas fóra do taboleiro.

Aquí un pequeno vídeo explicando como se xoga ó Backgammon:


                           



-Webgrafía:

https://es.wikipedia.org/wiki/Backgammon#Historia
http://historiadelbackgammon.blogspot.com.es/


Paula Hernández Platero 3ºESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario