SEMANA DE ARQUEOLOXÍA

miércoles, 21 de junio de 2017

PETO DAS ÁNIMAS ADICADO A SAN ROQUE, SARGADELOS Nº 39

1. Peto das ánimas

Unha ánima é a alma dunha persoa, sobretodo dun morto, que segundo a relixión cristiá están no purgatorio disque na Santa Compaña andan as ánimas polos camiños.

Os petos de ánimas son chamados así en Galicia ós pequenos monumentos funerarios de culto ós mortos que coma temática soen representar a idea do purgatorio.

Estes monumentos están relacionados coa cultura dos mortos tan arragada en Galicia. Atópanse e cruces de camiños, atros de igrexas e lugares con boa visibilidade. Os máis antigos datan do século XVII, ainda que no sería ata o século XVIII cando se crean máis.

A finalidade destas construccións populares é a de ofertar esmolas de todo tipo (flores, cera, patatas, maíz, pan, aceite...) ás ánimas que non atopan descanso no purgatorio  para que acaden a felicidade no ceo. Unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda. Os petos de ánimas xeralmente están feitos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes de ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou vispo) Na parte de diante aparece un peto para depositar a esmola protexido cunha rexa ou cristal.


2.  San Roque, vida e lenda

- Festividade 16 de Agosto.

 De San Roque hai algúns datos históricos, pero que máis se sabe é por tradición oral, aínda que existir exisitiu. Estes poucos datos afirman que naceu nuha familia de clase media en Montpellier (Francia). Perdeu ós seus pais cando era moi novo e decidiu facerse peregrino e atender ós necesitados, polo que deu todos os seus cartos ós pobres. Dirixiuse a Roma, Alí estivo 3 anos e de retorno á súa casa, detívose en Picanzza atendendo ós enfermos de peste, enfermidade da que e contaxiou.

Desaloxado da cidade refuxiouse nun bosque, esperando á morte. Alí, día tras día, un can leváballe un anaco de pan. O dono do can, que non era boa persoa, ao ver o xesto do animal converteuse e cambiou de vida. Contra todo pronóstico Roque sanou da peste e dirixiuse á súa terra que estaba nese momento en geurra. Foi tomado por un espía e enviado á cárcere na que morrería. 

A lenda e máis vistosa  edulcorada e miragreira, por exemplo dinos que no bosque onde estaba San Roque brotou unha fonte de agua clara, da cal bebían os apestados e sanaban por consecuencia. 

3. Sargadelos 

A fábrica de Sargadelos foi fundada entre  1806 e 1809 por Raimundo Ibáñez, coñecido coma "O marqués de Sargadelos". 
Empresario experimentado no ámbito dos fornos da cocción a lata temperatura funda unha fábrica de louza a carón da súa fábrica de fundición situada en Sargadelos (Parroquia de Cervo, Lugo). Chega a ser inclusio proveedor armamentístico do rei Carlos IV, de ahí o nome de "Real fábrica de Sargadelos".

Tras varias etapas de fabricación entre as que destacan os deseños inspirados na cerámica inglesa de Bristol, e unha época durada de producción entre 1845 e 1862, chega o peche da fábrica no 1875. A partires deese moemnto a fama creada por Sragadelose tal que os seus restos son declarados "conxunto histórico artístico" no ano 1972. 

3.1. 1947- actualidade

Os comezoa remóntanse a un taller de investigación en O Castro (Sada, Coruña) en 1947. Un ano más tarde xa estaba producindo empregando a unhas 100 persoas.

Nestes inicios foi moi importante a figua de Isaac Díaz Pardo, que xunto con Luis Seoane recuperan a industria erámica  en Sargadelos empregando deseño galego.

O proxecto plantéxase recuperala memoria histçorica e apoiar o desernolo socio-cultural de Galicia. 

En 1972 xa se concevira o modelo Galería Sargadelos inaugurándose en Barcelona. A venda de productos cerámicos, a rede de galerías e aindustria cultural non deixaron de medrar ata a actualidade. 

A concepción da cultura coma fin e non coma medio está  presente dende as súas orixes.

Nos anos 2014 e 2015 é o momento no que se pon en valor e se protexe a Fábrica de Sargadelos, sendo declarada coma Ben de Interese Cultural, acadando así o valor que se merece este proxecto posto en parcha nons anos 6 por Isaac Días Pardo, Andrés Fernández Alvalat e Luis Seoane.


Autor: Telmo Fontenla Rodríguez
Curso: 4º  C

Bibliografía
- Novo diccionario da lingua galega.
- Petos de ánimas- Altima, https://www. altima-sfi.com
- https://preguntasantoral.blogspot.com >s
- Más de 200 años de historia , Sargadelos Vigo, www.sargadelosvigo.com >content>8

No hay comentarios:

Publicar un comentario