SEMANA DE ARQUEOLOXÍA

martes, 20 de junio de 2017

A MÁQUINA DE VAPOR

A MÁQUINA DE VAPOR


Qué é?

Unha máquina de vapor é un motor de combustión externa que transforma a enerxía dunha certa cantidade de vapor de auga en traballo mecánico.

Os motores de vapor empregáronse habitualmente para mover máquinas e aparatos tan diversos como bombas, máquinas locomotoras, motores mariños... durante a revulución industrial en cuxo desenvolvemento tivo un papel relevante. As modernas máquinas de vapor utilizadas na xeración de enerxía eléctrica non son xa de pistón como as descritas senón que son turbomáquinas. Estas turbomáquinas reciben a denominación xenérica de turbinas de vapor. Na actualidade a máquina de vapor alternativa é un motor moi pouco usado salvo para servizos auxiliares xa que se viu desprazada especialmente polo motor eléctrico na maquinaria industrial e polo de combustión exterior no transporte.


O seu funcionamento


Máquina de vapor en funcionamento.
A frecha da esquerda, en cor vermella, indica a entrada do vapor quentado (na válvula seguinte pódese pechar o fluído de vapor para deter a máquina - dependendo da presión-). A frecha da dereita, en cor azul, indica por onde sae o vapor xa pasado o circuíto.

En esencia o ciclo de traballo realízase en dúas etapas: xérase previamente o vapor de auga nunha caldeira cerrada, por quentamento directo mediante a queima dalgún combustible - carbón ou madeira nos seus inicios, derivados do petróleo e gas natural con posterioridade - o vapor a presión introdúcese no cilindro arrastrando ó pistón na súa expansión; empregando un mecanismo de biela-manivela este pódese transformar nun movemento de rotación. Unha vez alcanzado o final de carreira o pistón retorna á súa posición inicial expulsando o vapor de auga. O ciclo contrólase mediante unha serie de válvulas de entrada e saída que regulan a renovación da carga.



Creador

O seu creador foi James Watt, naceu o 19 de xaneiro de 1736 en Greenock e faleceu o 25 de agosto de 1819 en Inglaterra.

Foi un matemático e enxeñeiro escocés, e as melloras que realizou na máquina de Newcomen, deron lugar á coñecida máquina de vapor de auga, que resultou fundamental no desenvolvemento da primeira Revolución Industrial, tanto en Inglaterra como no resto do mundo.

Mentres traballaba fabricando instrumentos na Universidade de Glansgow, Watt interesouse na tecnoloxía das máquinas de vapor e decatouse de que os deseños desperdiciaban unha gran cantidade de enerxía arrefriando e quentando repetidamente o cilindro. Watt introduciu unha mellora no deseño, o condensador separado, que evitaba a perda de enerxía e mellorou radicalmente a potencia, eficiencia e rentabilidade das máquinas de vapor. Finalmente adaptou este motor para producir un movemento rotatorio, o que ampliou enormemente o seu uso máis aló do simple bombeo de auga.


Wikipedia


Nerea Aragunde Pintos

4ºESO C

No hay comentarios:

Publicar un comentario