Creamos un museo con pezas que profesorado e alumnado temos na casa. Non son pezas orixinais pero poden parecerse ás orixinais, expoñémolas nas vitrinas do vestíbulo do instituto como se dun museo se tratase.
Os grupos de alumnas escollen unha peza e buscan información sobre ela, resúmena, organízana e elaboran unha ficha que publicarán no blog acompañándoa de fotos ou incluso videos. Cada peza será exposta cun nº, que debe indicarse no título da entrada do blog e nas etiquetas, para que sexa doado localizala no blog despois de publicar moitas entradas.
Deste xeito poderemos facer un percorrido pola historia da humanidade a través dos obxectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario