SEMANA DE ARQUEOLOXÍA

viernes, 17 de marzo de 2017

Nº 4



VENUS OF WILLENDORF


The Venus of Willendorf is a feminine anthropomorphic statuette from 20,000 and 22,000 B.C.  Josef 
Szombathy found the piece near Willendorf (Austria), by the shore of Danubio’s River, in 1908. It’s the 
most famous Venus from the paleolithic. This figures are women with an imprecise face and with an exaggeration 
of her parts of the body (a bulky belly, enormous breasts, obese legs). The image of a fat woman who is bare was 
usual in Egyptian, Greek and Babylonians sculptures in Neolithic’s period too.
 
This figure of this bare woman measures about 10’5 cm high and 5’7 cm wide. It was carved in paleolithic limestone 
and it was tinted with red ocher.
 
On the whole this statuette represents the fertility’s concept, the scholars deducted that from its abdomen, vulva, 
buttocks and tits, they are really enormous. In contrast its arms are very thin and they almost are seen, they are folded 
on the breasts. It hasn’t got a very visible face because its head it’s coated by something like braids. It has got a hole
in its belly, the scholars think that it is the belly button. Its bulky pubis is expanded on thick thighs. But its legs are 
anatomically correct, its knees are together and the feet (which have not been represented or they have been lost) 
are separated from the body, so the statuette ends at the ankles.
 
We don’t know a lot of its origin, its creation’s method or its cultural meaning. We know that the piece represents the 
fertility’s symbol, but some scholars think that it represents the ideal beauty, but others think that this theory is 
impossible because it’s a fat woman (in my opinion it can represents the ideal beauty because at that time, it could be 
different,the purpose of life was breed, and if the statuette represents the fertility it can be the ideal beauty or the ideal 
woman for that time’s men).
  
 
WEBGRAPHY:
ALBA OUBIÑA BÚA 3º ESO.

O BACKGAMMON, Nº20

 -Orixe:

O Backgammon ou "As táboas reais" é un dos xogos de taboleiro máis antigos e máis estratéxicos. A súa orixe non é moi clara, moitos historiadores cren que xa existían xogos semellantes hai 5.000 anos. Crese que o antecesor do Backgammon era o Xogo Real de Ur, atopado nunhas escavacións na tumba dun rei sumerio en Ur (Mesopotamia), o actual Irak.

Aínda que un descubrimento sitúa a orixe do Backgammon ao redor de 100 ou 200 anos despois, o descubrimento dunha mesa de xogo nunhas escavacións na cidade de Shahr-i Sokhta, o actual Irán.

Outros cren que a súa orixe está nun xogo de mesa do Antigo Exipto co nome de Senet, do cal hai referencias cunhas pinturas atopadas nas paredes dunha tumba da dinastía III e ós xogos atopados en tumbas de faraóns coma a de Tutankamon.

Tamén en Roma xa existía un xogo constituído por un taboleiro e tres dados co nome de Ludus Duodecim Scriptorum, co significado de "xogo das doce liñas", nome que co paso do tempo cambiouse polo de Tabula (mesa). Este xogo estendeuse moi rápido por todas as clases sociais, ata dise que o emperador Claudio tiña unha gran obsesión con este xogo e que sempre levaba nas viaxes un para entreterse.

As lexións romanas expanderon este xogo, pero coa caída do Imperio foi perdendo a popularidade pouco a pouco.

En Asia era xogada antes do século IX unha versión chamada Nard, a cal diferenciaba á Tabula romana co uso de só dous dados. Na China estendeuse co nome de T´shu-Pu, e en Xapón, Sugoroku.

Coas Cruzadas en Europa, o xogo experimentou un renacemento cando os soldados aprenderon a xogar unha versión árabe co nome de "tawla". Na Idade Media difundiuse rapidamente e o xogo chegou ata lugares como; Italia (tavola reale), España (táboas reais), Grecia (tavli), Turquía (tavla), Francia (tric trac), Alemaña (Puff) e Gran Bretaña (backgammon).

    http://sillysoft.net/plugins/images/backgammon.jpg  



    http://www.bclubcr.com/uploads/9/9/3/7/993796/892779_orig.jpg



 http://www.siguemirastro.com/wp-content/uploads/2013//Alfonso-todas-tablas.jpg


 -Reglas do xogo:

As primeiras reglas deste xogo non foron publicadas tal e como as coñecemos hoxe en día ata o ano 1743 por Edmon Hoyle a pesar da súa popularidade.

Neste xogo de dous xogadores cada un ten quince fichas que move entre vintecatro triángulos seguindo o número que sae nos seus dous dados. O obxectivo do Backgammon é ser o primeiro en conseguir mover as súas quince fichas fóra do taboleiro.

Aquí un pequeno vídeo explicando como se xoga ó Backgammon:


                           



-Webgrafía:

https://es.wikipedia.org/wiki/Backgammon#Historia
http://historiadelbackgammon.blogspot.com.es/


Paula Hernández Platero 3ºESO

miércoles, 15 de marzo de 2017

A VENUS DE WILLENDORF. Nº 4

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Venus_of_Willendorf_frontview_retouched_2.jpg/270px-Venus_of_Willendorf_frontview_retouched_2.jpg



A Venus de Willendorf é unha estatua antropomorfa datada entre 20.000 e 22.000 anos a.C.. O arqueólogo Joseph Szombathy atopou a figura nun xacemento datado do período Aurignaciense do Paleolítico Superior, cerca de Willendorf (Austria) á beira do río Danubio en 1908. Foi a primeira peza escultórica do Paleolítico que se atopou.

Esta figura de muller mide 10,5 centímetros de alto, 5,7 centímetros de ancho e 4,5 de espesor con 15 centímetros de circunferencia. Foi tallada en pedra caliza e pintada de ocre vermello. A figura ten as mamas, o abdome, as nalgas e a vulva extremadamente voluminosos, polo que se asocia co concepto de fertilidade e maternidade. Os brazos son fráxiles e aparecen doblados sobre os peitos; non ten unha cara visible e ten a cabeza cuberta do que parecen ser trenzas, un tipo de peiteado o unha caparuza. A cabeza atópase inclinada cara adiante e o abdome amosa un gran oco como embigo. Os xeonllos están un pouco xuntos e os pés non están representados ou foron perdidos.

Algúns historiadores pensan que representa o ideal de belleza prehistórico; outros sosteñen que simboliza a “Nai Terra”; e outros que é un símbolo de seguridade, estatus social e benestar. Enténdese que esta figura tiña importancia porque foi trasladada cos membros da tribu, xa que está feita dun tipo de pedra caliza que non é orixinaria da zona onde se atopou e ademais pertence a unha sociedade nómade. 

Despois de este descubrimento, atopáronse outras estatuas similares á d) venus de Willendorf que apareceron en outros xacementos: a) Lespugue, Grimaldi e Tursac (Francia), Dolni Vestonice (República Checa), Savignano (Italia), ou b) Menton.

http://arquehistoria.com/files/venus.jpg

A venus de Willendorf estivo gardada nunha caixa forte ata que en 1998 amosouse ao público nunha exposición sobre arqueoloxía. Actualmente atópase no Museo de Historia Natural de Viena. 

 


WEBGRAFÍA



Paula Vázquez Blanco 4º ESO

sábado, 11 de marzo de 2017

ESTATUA DE BUDA. Nº 24

Con este traballo de Iria Ferreiro e Laura Búa, podemos ver un exemplo de como facer unha entrada neste blog.

Collemos unha imaxe similar de internet (indicamos o enlace debaixo!) para non ter que fotografar a peza do noso museo que nos dá un pouco de traballo.


https://es.aliexpress.com/item/16-Tibet-Folk-Bronze-Gilt-Buddhism-Temple-Amitabha-Shakyamuni-Buddha-Statue/32713430476.html?spm=2114.43010308.4.31.4NUNM3

Primeiro coméntase a peza intentando explicar o seu significado, así o fan as vosas compañeiras:

Buda significa “estar desperto, despertarse da realidade”.

Este termo asóciano na súa relixión, o budismo, a aqueles que se despertaron plenamente e puideron darse conta da verdadeira natureza dos fenómenos. Dende o punto de vista da doutrina budista, Buda representa a un mestre relixioso que grazas as súas aprendizaxes moitos puideron alacanzar a estabilidade da vida. Este mestre vese representado normalmente en estatuas a diferentes tamaños. Nelas podemos observar uns rasgos típicos:

-Orellas con lóbulos moi estirados, esto débese á representación do abandono polos bens materiais. O primeiro Buda da historia proviña dunha familia rica e acomodada que lle permitía levar joyas de ouro ben pesadas. Este, con 29 anos, encontra o equilibrio do que falan no budismo, decide deixar ese estilo de vida. Cando quita todas as xoias o seu lóbulo queda estirado polo forte peso que facían aqueles materiales nas súas orellas. Finalmente representan na relixión á boa escoita, nobleza e sabiduría.

-O punto da súa fronte, pottu (na lingua Tamil) ou tilak (en hindi). En todos estes casos, o seu significado é literal, exactamente “punto”. Isto débese á representación dun “tercer ollo” ou tamén chamado “punto de luz”, que nos explica a importancia da mirada interna na relixión budista. Maioritariamente pénsase de que esta característica é propia dunha muller, pero relamente é unisex.

-Párpados entornados, que transmiten concentración espiritual e pureza.

-Sonrisa disimulada nun rostro serio, transmite a idea de equilibrio interior e tranquilidade.

 -Este Buda aparece na posición de Amoghsiddhi, a man aberta ensinando a palma é xesto de valentía e protección. existen outras catro posicións diferentes.


O BUDISMO

O budismo consiste na fe polo ser humano. Ó contrario do cristianismo, o islam ou o xudaísmo, non cree nun deus. Buda é un mestre relixioso, non se fai chamar deus nin mensaxeiro divino, non é outra cousa que un ser humano.

Buda significa “estar esperto, espertarse á realidade”. A principal práctica do budismo é a meditación. E a través dela o ser humano alcanza as súas metas, refuxiándose en si mesmo.

Budismo, o seu comezo

Ten a súa orixe fai 2500 de anos ó Norte da India, o seu impulsor foi un home chamado Siddharta Gautama. Que tras estar en meditación 35 anos alcanzou a iluminación. O resto da súa vida viaxou ensinando o camiño cara esta. A iluminación ten tres etapas:

-a sabiduría (vendo as cousas como realmente son)

-a compaixón (amor polo beneficio de todos os seres )

- a liberación de todas as enerxías da mente e o corpo (mente plenamente consciente)

Tipos de budismo.


Existen diferentes tipos de budismo pero os máis practicados son:

-Budismo theravada, é praticado por un 38 % dos budistas, é o máis tradicional, a súa filosofía di que so aqueles que amosan esforzo alcanzan a salvación.

-Budismo mahayana, este tipo de budismo considera que todos poden alcanzar a salvación. É o más practicado con un 56%.

- Budismo tántrico, preocúpase do presente.

- Budismo tibetano, é estándar e moi completo, a súa filosofía é avanzada e sutil.


Práctica do budismo estándar

Pode variar segundo o entorno cultural onde se encontra. Lévase a cabo mediante estas prácticas: éticas, meditacionais, sabiduría, e devocionais.

Templos budistas

Hai catro grandes lugares referentes de esta relixión:

Lumbini: o pobo no que naceu Siddhārtha Gautama (Buda).

Bodh Gaya: Lugar onde Buda se iluminou.

Sarnath: onde Buda deu o seu primeiro sermón.

Kushingar: onde Buda morreu.


 A Dharma Chakra  ou roda do Dharma considérase o símbolo do budismo:

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/Dharma_Wheel.svg/250px-Dharma_Wheel.svg.png


A estatua de Buda máis grande do mundo é coñecida como o Buda Tian Tan, está situada na illa de Lantau, Hong Kong. Inaugurouse o 28 de Decembro de 1993.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/7c/Buddha_lantau.jpg
http://www.catalyzingchange.org/wp-content/uploads/2014/01/625694_394412027280915_1503484821_n.jpg

Este é un bo traballo, non demasiado longo pero con explicacións sufivientes e claras, procurando non copiar literalmente a información de internet. E por suposto non pode faltar de onde se quitou esa información:
WEBGRAFÍA UTILIZADA: