A
MÁQUINA DE
VAPOR
Unha
máquina de vapor é un
motor de combustión externa que
transforma a
enerxía dunha
certa cantidade de
vapor de auga en
traballo mecánico.
Os
motores de vapor empregáronse habitualmente para mover máquinas e
aparatos tan diversos como bombas, máquinas locomotoras, motores
mariños... durante a
revulución
industrial en
cuxo desenvolvemento tivo un papel relevante. As modernas máquinas
de vapor utilizadas na xeración de enerxía eléctrica non son xa de
pistón como as descritas senón que son turbomáquinas. Estas
turbomáquinas reciben a denominación xenérica de turbinas de
vapor. Na actualidade a máquina de vapor alternativa é un motor moi
pouco usado salvo para servizos auxiliares xa que se viu desprazada
especialmente polo motor eléctrico na maquinaria industrial e polo
de combustión exterior no transporte.
O
seu funcionamento
Máquina
de vapor en funcionamento.
A
frecha da esquerda, en cor vermella, indica a entrada do vapor
quentado (na válvula seguinte pódese pechar o fluído de vapor para
deter a máquina - dependendo da presión-). A frecha da dereita, en
cor azul, indica por onde sae o vapor xa pasado o circuíto.
En
esencia o ciclo de traballo realízase en dúas etapas: xérase
previamente o vapor de auga nunha caldeira cerrada, por quentamento
directo mediante a queima dalgún combustible - carbón ou madeira
nos seus inicios, derivados do petróleo e gas natural con
posterioridade - o vapor a presión introdúcese no cilindro
arrastrando ó pistón na súa expansión; empregando un mecanismo de
biela-manivela este pódese transformar nun movemento de rotación.
Unha vez alcanzado o final de carreira o pistón retorna á súa
posición inicial expulsando o vapor de auga. O ciclo contrólase
mediante unha serie de válvulas de entrada e saída que regulan a
renovación da carga.
Creador
O
seu creador foi James Watt,
naceu o 19 de xaneiro de 1736 en Greenock e faleceu o 25 de agosto de
1819 en Inglaterra.
Foi
un matemático e enxeñeiro escocés, e as melloras que realizou na
máquina de Newcomen, deron lugar á coñecida máquina de vapor de
auga, que resultou fundamental no desenvolvemento da primeira
Revolución Industrial, tanto en Inglaterra como no resto do mundo.
Mentres
traballaba fabricando instrumentos na
Universidade
de Glansgow,
Watt interesouse na tecnoloxía das máquinas de vapor e decatouse de
que os deseños desperdiciaban unha gran cantidade de enerxía
arrefriando e quentando repetidamente o
cilindro.
Watt introduciu unha mellora no deseño, o condensador separado, que
evitaba a perda de enerxía e mellorou radicalmente a potencia,
eficiencia e rentabilidade das máquinas de vapor. Finalmente adaptou
este motor para producir un movemento rotatorio, o que ampliou
enormemente o seu uso máis aló do simple bombeo de auga.
Wikipedia
Nerea
Aragunde Pintos
4ºESO
C
No hay comentarios:
Publicar un comentario