https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Venus_of_Willendorf_frontview_retouched_2.jpg/270px-Venus_of_Willendorf_frontview_retouched_2.jpg
A Venus
de Willendorf é unha estatua antropomorfa datada entre 20.000 e 22.000 anos
a.C.. O arqueólogo Joseph Szombathy atopou a figura nun xacemento datado do período Aurignaciense do Paleolítico
Superior, cerca de Willendorf (Austria) á beira do río Danubio en 1908.
Foi a primeira peza escultórica do Paleolítico que se atopou.
Esta figura de muller mide 10,5
centímetros de alto, 5,7 centímetros de ancho e 4,5 de espesor con 15 centímetros
de circunferencia. Foi tallada en pedra caliza e pintada de ocre vermello. A
figura ten as mamas, o abdome, as nalgas e a vulva extremadamente voluminosos,
polo que se asocia co concepto de fertilidade e maternidade. Os brazos son fráxiles e aparecen doblados sobre os
peitos; non ten unha cara visible e ten a cabeza cuberta do que parecen ser
trenzas, un tipo de peiteado o unha caparuza. A cabeza atópase inclinada cara
adiante e o abdome amosa un gran oco como embigo. Os xeonllos están un pouco xuntos
e os pés non están representados ou foron perdidos.
Algúns historiadores pensan que
representa o ideal de belleza prehistórico; outros sosteñen que simboliza a
“Nai Terra”; e outros que é un símbolo de seguridade, estatus social e
benestar. Enténdese que esta figura tiña importancia porque foi trasladada cos
membros da tribu, xa que está feita dun tipo de pedra caliza que non é
orixinaria da zona onde se atopou e ademais pertence a unha sociedade nómade.
Despois de este descubrimento,
atopáronse outras estatuas similares á d) venus
de Willendorf que apareceron en outros xacementos: a) Lespugue, Grimaldi e Tursac
(Francia), Dolni Vestonice (República Checa), Savignano (Italia), ou b) Menton.
http://arquehistoria.com/files/venus.jpg
A venus de Willendorf estivo gardada nunha caixa forte ata que en 1998 amosouse ao público nunha exposición sobre arqueoloxía. Actualmente atópase no Museo de Historia Natural de Viena.
WEBGRAFÍA
Paula
Vázquez Blanco 4º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario